FERROL360 | Sábado 19 decembro 2015 | 14:12
O pavillón polideportivo A Xunqueira de San Valentín acolle este sábado, de 17.00 a 20.00 horas, a V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón Concello de Fene. Un total de 320 participantes de nove escolas e clubs da comarca sairán á pista neste evento con entrada gratuíta.
A V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón Concello de Fene contará coas actuacións das escolas municipais de baile e ximnasia rítmica de Fene, do Club Móvete e da Asociación Paso a Paso.
Tamén participarán as escolas Salsa Nova, Paso a Paso All Music, Fussion Dance, CBD Narón e Escola de Baile de Neda. Ao longo das tres horas que durará a exhibición, anúncianse demostracións de baile moderno, ballet, hip hop, bailes de salón e ximnasia rítmica.
A actividade, que está organizada pola a Concellería de Deportes de Fene en colaboración coa asociación xuvenil Fene Movemento e Floristería Loto, concluirá coa entrega de diplomas aos participantes.
Debate sobre el post