FERROL360 | Mércores 10 junio 2015 | 20:02
Ángela Vilar é unha das fenesas máis lonxevas do municipio e este mércores 10 de xuño cumpre, nada máis e nada menos, que 105 anos. Esta muller, que traballou na terra ata ben entrados os 80 anos e sacou adiante cinco fillos practicamente soa, recoñece que a súa debilidade son os seus sete netos e nove bisnetos.
Esta tarde recibiu a visita do alcalde en funcións, Gumersindo Galego, para felicitala no nome do Concello de Fene e entregoulle un ramo de flores. Ángela está ben de saúde e o seu único problema é a audición, xa que non escoita moi ben. Anda axudada dun bastón, pero iso non lle impide recoller a roupa do tendal e incluso fregar os pratos.