FERROL360 | Mércores 6 xuño 2018 | 21:18
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, respondeu ás declaracións realizadas por Alternativas na Xustiza sobre a accesibilidade no Xulgado de Paz de Narón e defendeu que o Concello está estudando «a viabilidade de poder instalar un ascensor» a pesares de que dispón dunha rampa de acceso dende a berirarrúa e un salva-escaleiras no interior.
Deste xeito, remarcou a rexedora, «se permite acceder ao primeiro andar ás persoas con mobilidade reducida, cumprindo ambas estructuras a normativa vixente». Para Ferreiro «a vontade e implicación do Concello deberían estar fóra de toda dúbida tendo en conta que os representantes do sindicato recibiron en todo momento a información que desde o Concello lles podemos facilitar ao respecto».
Así mesmo, a alcaldesa recordou que o Concello dispón dun Plan de Mobilidade para edificios e viais públicos no que xa se recolle a mellora da accesibilidade en edificios municipais. No documento contémplase o feito de que «á hora de acometer este tipo de actuacións prevalecerán aqueles casos de edificios municipais que non dispoñan de ningún tipo de elemento que axude a salvar as barreiras arquitectónicas, como así se lles fixo saber aos representantes de Alternativas na Xustiza», indicou.
Ferreiro apuntou que tanto desde que accedeu á Alcaldía, como anteriormente, con José Manuel Blanco como rexedor local, o colectivo acudiu a xuntanzas no Consistorio para abordar a situación. «Tanto Blanco como eu recibimos aos representantes desta central sindical e, a maiores, mantivemos varias conversas telefónicas para informalos sobre este tema», asegurou.
Debate sobre el post