FERROL360 | Jueves 30 mayo 2024 | 11:18
O Concello de Ferrol propuxo a súa integración no proxecto Youtubeiras, do que xa forman parte as tres universidades galegas e outros municipios da comunidade autónoma.
O obxectivo desta iniciativa é alentar a creación de contidos en lingua galega nas redes sociais, poñendo o foco en Youtube creando, a través dun certame de premios con diferentes categorías.
A concelleira de Normalización Lingüística, Patricia Cons, presidiu na tarde de onte o Consello sectorial da lingua, do que forman parte un representante de cada grupo municipal, e tamén un representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, da Mesa pola Normalización Lingüística e da Fundaçom Artabria.