FERROL360 | Mércores 23 setembro 2015 | 9:30
O proxecto Apego busca incrementar o número de familias que transmiten o galego como lingua vehicular implicandoas no proceso de incrementar a porcentaxe de nenos que adquiren o galego como lingua inicial e de promover que o usen de xeito habitual.
O Concello de Ferrol ten asinado un protocolo de colaboración para a organización deste programa, ideado para fomentar e mellorar a transmisión interxeracional da lingua galega, que se organiza e se promove desde os servizos de Normalización Lingüística de once concellos de Galicia.
A campaña de Apego Ferrol nace «da consciencia da nosa responsabilidade na transmisión interxeracional, como a chave para o mantemento da lingua no futuro e da idea de que termos lingua propia nos sitúanos mellor no mundo globalizado», indican desde Normalización Linguística.
Para acadar este propósito, Apego promove accións dirixidas ao ámbito familiar, educativo, de conciliación e de lecer que procuren sensibilizar sobre a importancia do legado lingüístico que recibimos, e as responsabilidades na súa transmisión.
Así, se desenvolverá unha campaña de difusión para socializar o proxecto e a súa mensaxe a través da distribución destes folleto informativo e de carteis; entregarase ás familias que agardan un bebé unha caixa de benvida e un álbum e medidor, adhesivo para o coche e marcapáxinas.
A caixa de benvida, que entregarase en Normalización Linguística, está destinada a familias que reúnan os seguintes requisitos: van ter un neno ou unha nena, ben por embarazo, ben por ter concedida unha adopción; son veciños do Concello de Ferrol e deberán cubrir unha ficha con determinados datos.
Unha vez que naza o bebe, as familias que recolleron a caixa, poden pasar polo Servizo de Normalización Lingüística e recoller un CD cunha compilación de doce cancións dos discos da colección Sonárbore de Editorial Galaxia
Actividades ligadas ao Apego
O sábado 3 de outubo, ás 18:00 horas, no Antigo Hospicio celebraranse Os Axoúxeres, a festa da música, dos xogo e das palabras. Encontros para a xente miúda da casa. A entrada será de balde ata completar o aforo. Pódese reservar no 689 363 089 de 10:00 a 14:00, de luns a vernes, ou procurando Os Axóuxeres, nas redes sociais.