FERROL360 | Sábado 28 marzo 2015 | 17:05
A Fundaçom Artábria organiza un acto de lembranza ao ilustre ferrolano Ricardo Carvalho Calero este domingo con flores, música e poesía. O pasado mércores 25 de marzo se cumpría o vixesimo quinto cavodano do pasamento do escritor e a entidade quere reivindicar as súas ideas e obras cunha pequena homenaxe.
Así, ao pé da casa natal de Carvalho Calero (na rúa San Francisco Nº 7) ás 17:00 horas terá lugar unha oferta floral. A continuación haberá música e poesia, que correrán a cargo de Miguel Neira no primeiro caso e Gloria Martínez, Lam Couce, Miguel Vento e Ramiro Vidal Alvarinho, no segundo.
Vítor Santalha, en representación da Fundaçom Artábria, protagonizará unha intervención para pechar o acto.

