• Ferrolterra
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Fene
    • Ferrol
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • Valdoviño
    • San Sadurniño
  • Eume
    • A Capela
    • As Pontes
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañon
    • Ortigueira
viernes, 11 julio, 2025
  • Login
Sin Resultados
Ver Todos los Resultados

Logo Ferrol 360Ferrol 360Somos nuestra comarca

  • Actualidad
    • Campus
    • Política
    • Economía
    • Empleo
    • Naval
    • Defensa
    • Urbanismo
    • Sanidad
    • Sostenibilidad
    • Educación
    • Formación
    • Sucesos
    • Turismo
    • Entidades sociales
  • Cultura
    • Música
    • Cine
    • Artes Escénicas
    • Literatura
    • Danza
    • Artes Plásticas
      • Pintura
      • Fotografía
    • Etnografía
    • Gastronomía
    • Patrimonio
    • Lingua
    • ¡Festa rachada!
    • Ocio y Eventos
    • Abeiro de músicas
    • Arquitectura
    • Feminismos
    • Espiritualidad
  • Deportes
    • Baxi Ferrol
    • Racing de Ferrol
    • Fútbol
    • Fútbol Sala
    • Atletismo
    • Baloncesto
    • Triatlón
    • Ciclismo
    • Gimnasia rítmica
    • Hípica
    • Artes Marciales
    • Natación
    • Remo y piragüismo
    • Rallyes
    • Remo
    • Rugby
    • Surf
    • Tenis
    • Tiro con arco
    • Waterpolo
  • Sociedad
    • Comunicación
    • Memoria histórica
    • Salud & Bienestar
  • REC360
    • Reportajes
      • Sin salir de aquí
      • «Aquí quiero quedarme»
      • (Re) volvendo á terra
    • Entrevistas
      • Sal & Metal
    • Crónicas
  • Opinión
    • O Voceiro da veciñanza
    • Desde la Atalaya
    • Casos y cosas
    • Desde la diáspora
    • «Entre comillas»
    • Ferrol en femenino
    • Onte, mañá e sempre
  • Agenda
Logo Ferrol 360
  • Actualidad
    • Campus
    • Política
    • Economía
    • Empleo
    • Naval
    • Defensa
    • Urbanismo
    • Sanidad
    • Sostenibilidad
    • Educación
    • Formación
    • Sucesos
    • Turismo
    • Entidades sociales
  • Cultura
    • Música
    • Cine
    • Artes Escénicas
    • Literatura
    • Danza
    • Artes Plásticas
      • Pintura
      • Fotografía
    • Etnografía
    • Gastronomía
    • Patrimonio
    • Lingua
    • ¡Festa rachada!
    • Ocio y Eventos
    • Abeiro de músicas
    • Arquitectura
    • Feminismos
    • Espiritualidad
  • Deportes
    • Baxi Ferrol
    • Racing de Ferrol
    • Fútbol
    • Fútbol Sala
    • Atletismo
    • Baloncesto
    • Triatlón
    • Ciclismo
    • Gimnasia rítmica
    • Hípica
    • Artes Marciales
    • Natación
    • Remo y piragüismo
    • Rallyes
    • Remo
    • Rugby
    • Surf
    • Tenis
    • Tiro con arco
    • Waterpolo
  • Sociedad
    • Comunicación
    • Memoria histórica
    • Salud & Bienestar
  • REC360
    • Reportajes
      • Sin salir de aquí
      • «Aquí quiero quedarme»
      • (Re) volvendo á terra
    • Entrevistas
      • Sal & Metal
    • Crónicas
  • Opinión
    • O Voceiro da veciñanza
    • Desde la Atalaya
    • Casos y cosas
    • Desde la diáspora
    • «Entre comillas»
    • Ferrol en femenino
    • Onte, mañá e sempre
  • Agenda
Sin Resultados
Ver Todos los Resultados
Logo Ferrol 360
Sin Resultados
Ver Todos los Resultados
Inicio Actualidad

Germán Castrillón: «Comprométome a traballar arreo, escoitar e gobernar cos veciños»

22 de mayo de 2019
en Actualidad, Narón, Política
A A

Germán Castrillón [cedida]

Comparte en WhatsappComparte en Facebook

FERROL360 | Mércores 22 maio 2019 | 14:20

Ata hai poucos meses o nome de Germán Castrillón, o candidato popular á Alcaldía de Narón, estivo ligado ao nome de Cabanas. Alí gobernou desde que gañara as súas primeiras eleccións en 2007 e revalidou o cargo en 2011 e 2015.

Agora, este ex piloto de rallye seis veces campión de Galicia, muda de concello pero non de ideas e aposta por un cambio no Goberno naronés. O seu programa pódese solicitar na sé popular da rúa Souto Vizoso número 1 e tamén está a disposición das persoas que o desexen nas súas redes sociais, unhas das máis activas desta campaña.

FERROL360 – Dous erros e dous acertos da xestión que se tivo feito durante estes 4 anos no Concello de Narón:
GERMÁN CASTRILLÓN – Ao meu parecer, o principal erro tivo sido alonxarse da xente, deixar de escoitar. A partir de aí houbo moitos. Sinceramente, resúltame ben difícil poder destacar algún feito relevante xa que nos últimos catro anos o goberno caracterizouse pola carencia de ideas e proxectos novos.

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana

Corte de suministro de agua en Covas

Corte de suministro de agua en Covas

La Policía Nacional detiene a dos personas con drogas destinadas al Festival de Ortigueira

360 – Que tres desexos pediría para o municipio á Xunta e ao Goberno central?
GC – Á diferenza do que aconteceu nos últimos 4 anos, nós sairemos do despacho e traballaremos arreo para elaborar e presentar ante Xunta e Goberno central proxectos aos que non poida dicir non. Entre eles, o parque central da enerxía, que convertirá a Río do Pozo nun polo tecnolóxico de primeiro orde, especializándose no mundo das enerxías renovables e convertindo á nosa cidade en referente da zona norte de Galicia. Tamén levaremos a Santiago e Madrid a Cidade do Motor e a posta en marcha do primeiro metro lixeiro de Galicia para a conexión entre os barrios da nosa cidade. Son só algunhas iniciativas, porque hai moitas.

360 – Os lectores pregúntanse se están a executar accións para axudar ás familias afectadas polo peche de Poligal ou se contemplan facelo ao chegar á Alcaldía.
GC – Dende o primeiro día puxémonos a disposición dos traballadores e traballadoras e tamén coa Consellería de Economía para solicitar a súa implicación efectiva na resolución do conflito. E así seguimos, tentando axudar en todo o posible porque Poligal non se pecha.

360 – Cal é a primeira medida que tomará se chega á Alcaldía?
GC – Rebaixar os impostos. Tras escoitar aos veciños e veciñas, e atendendo ás súas demandas, a redución do IBI nun 10 % foi a primeira proposta que planteamos e será a primeira medida que adoptaremos.

360 – Cales son as prioridades do municipio?
GC – A atención ás persoas. Escoitalas primeiro porque son os mellores asesores e só así podemos darlles as respostas que precisan. Atender a aqueles veciños que peor o están pasando, coidar das nosas persoas maiores. Reactivar a economía local e converter de novo a Narón no motor de xeración de emprego da comarca. Facilitar as condicións para o asentamento de novas empresas e, sobre todo, pór todo o noso empeño para que os máis de 2.600 veciños que hoxe en día están no paro atopen un traballo.

360 – Podería enumerar 5 medidas sociais do seu programa en materia de igualdade, axuda á drogodependencia, diversidade sexual e inclusión?
GC – Crearemos o Centro de Emerxencia Social para dar resposta aos sectores de poboación máis vulnerables: menores en risco de exclusión social, vítimas de violencia machista, familias en risco de desafiuzamento ou desafiuzadas, ou persoas maiores que vivan soas.

Daremos facilidades no pago de tributos municipais ás persoas que se atopen en situación de exclusión social, mediante a aprobación da redución de taxas e impostos, descontos maiores e ampliación dos prazos de abono, aliviando así a presión fiscal sobre este colectivo.

Reforzaremos a cooperación económica cos comedores sociais da bisbarra e co Centro de Recursos Solidarios de Narón. Poñeremos en marcha o Plan Municipal de Accesibilidade, tendente á eliminación gradual das barreiras arquitectónicas, a adaptación das zonas de xogo e a posta en marcha dun servizo específico de asistencia no fogar.

E impulsaremos un Plan de Conciliación Familiar que pretendemos sexa un referente para o sector privado na nosa cidade.

360 – Se dependera de vostede, o desenvolvemento de Ferrolterra seguiría sendo tan dependente dos estaleiros ou apostaría por industrias máis rendibles e menos eventuais?
GC – O naval ten que continuar tendo un papel principal na nosa economía e temos que pelexar porque así sexa. Pero tamén é necesaria a diversificación da que tanto se ten falado. O noso proxecto de cidade aposta por proxectos que camiñan nesa dirección. Tal e como comentaba, o parque central da enerxía e a Cidade do Motor son bos exemplos disto.

360 – Que medidas concretas inclúe no seu programa para a creación de emprego xuvenil e que os máis novos non teñan que marchar?
GC – A primeira medida será a Bolsa de Impulso ao Emprendedor, con axudas para financiar o pago do 100 % das taxas municipais para os emprendedores que aposten por Narón para poñer en marcha o seu negocio. Tamén levaremos a cabo xestións coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia para a implantación no IES Terra de Trasancos de novos ciclos de FP Dual de Loxística e Transporte, acordes coas necesidades do mercado laboral en Ferrolterra, que inclúan á súa vez prácticas formativas en empresas de Narón. Unha medida que ampliará a oferta educativa e as perspectivas de inserción laboral dos nosos mozos. Ao igual que a extensión do Campus Universitario de Ferrol a Narón polo que loitaremos, coa creación de novos graos enfocados a novos nichos de emprego, convertindo á nosa cidade nun punto de referencia no mapa universitario galego.

360 – Os lectores amosáronse moi escépticos cos programas electorais, cre que o seu é executábel e terá partidas económicas abondo ou tería que recurrir aos créditos da banca?
GC – Nós estamos en contra de facer cidade a conta dos petos dos veciños, como se fixo ata o dagora. Non queremos subir impostos nin manter os actuais, os máis altos da provincia. Somos conscientes de que planteamos proxectos ambiciosos porque así nolo pediron os veciños. A fórmula para materializalos será a que sempre utilicei: saír do despacho e presentar propostas ante Deputación, Xunta, Goberno central e UE para lograr o seu compromiso con Narón. Propostas que ás que non poderán dicir non.

360 – Remunicipalización de servizos si ou non?
GC – Habería que analizar caso a caso. De todos modos, en termos xerais, se lle vale a resposta: servizos de calidade.

360 – Melloraron estes últimos anos as relacións entre Ferrol e Narón?
GC – Creo que viviron de costas os uns dos outros. Así nolo trasladaron tamén os veciños, especialmente daqueles barrios que comparten límites territoriais e que foron perxudicados por isto. Non son amigo da confrontación, senón da colaboración.

360 – A favor ou en contra da unificación de municipios?
GC – Naqueles municipios de menor entidade poboacional, que así o desexen os seus veciños e esa unión redunde no seu benestar, a favor.

360 – Que opina de que haxa tantos partidos?
GC – É reflexo da sociedade plural que somos.

360 – Que cre que pode aportar ao municipio para ter dado o paso de presentarse á Alcaldía?
GC – Experiencia na xestión e, sobre todo, en situacións adversas. Durante 12 anos fomos quen de sacar adiante un concello, o de Cabanas, que se atopaba nunha complicada situación económica e urbanística. Con sentenzas xudiciais duras que comprometían o seu futuro. Doce anos despois, é unha realidade superada e Cabanas coñécese hoxe como un dos municipios con maior renta per capita de Galicia, que gaña poboación en contra da tendencia xeral e que é referente como destino turístico. O meu compromiso é traballar arreo, estar a pé de rúa, escoitar e gobernar xunto aos veciños.

360 – Que opina a súa familia e os seus amigos sobre esta decisión?
GC – Son os primeiros que me apoiaron e apoian. Sempre.

360 – Se non gana a Alcaldía, seguirá na oposición ou renunciará á acta de concelleiro?
GC – O meu compromiso é con Narón. No goberno ou na oposición, sempre cunha actitude constructiva. Estou para quedarme.

360 – Se continúa na Alcaldía mudaría o seu soldo? Canto considera que debe cobrar o alcalde ou alcadesa da cidade?
GC – Entendo que o soldo actual da alcaldesa, proposta do equipo de goberno actual, será xusto. En todo caso, considero que as retribucións deberían estar reguladas por lei, en función de criterios obxectivos como o rango de poboación.

360 – Está aberto ou aberta aos pactos? Con que formación non chegaría nunca a un acordo?
GC – Sempre estiven e estou aberto ao diálogo. Cando tiven maiorías absolutas e cando non as tiven. E neste último caso, alcancei pactos que se demostraron beneficiosos para a veciñanza. Pactar si, pero sempre que ese pacto sexa en beneficio dos veciños non para evitar as críticas da oposición.

360 – Con que contrincante tomaría unha cervexa e con cal non compartiría nin un xantar institucional?
GC – Iría a tomar unha cervexa e compartiría un xantar con calquera dos compañeiros que se presentan en Narón. Non teño problema ningún.

360 – Se non cumpre as promesas que está facendo na campaña antes de finalizar a lexislatura gobernando, estaría disposto a non presentarse máis?
GC – Denme un voto de confianza. Non me planteo incumplir ningún compromiso.

360 – Os lectores teñen a sensación de que só lles escoitan na campaña electoral, cre que teñen parte de razón?
GC – Así ocorreu nos últimos catro anos en Narón. É unha queixa xeneralizada. Tivemos un goberno que non escoitou. Unha actitude que, na miña modesta opinión, contrastou co traballo realizado polo noso grupo municipal. Escoitar é a clave. Como dixen, só así poderemos dar resposta ás necesidades e problemas dos nosos veciños.

360 – Atrévese a facer unha aposta de resultados?
GC – Aposto polo cambio.

Tags: #RUMBOAL26MActualidadentrevistaGermán CastrillónNarónPolíticaPP NarónREC360
Noticia Anterior

Neda celebrará o próximo 2 de xuño o II Certame de Pintura Rápida ó aire libre

Última Noticia

Los profesionales sanitarios secundan varias protestas en Ferrol este miércoles

Marta Corral

Marta Corral

Noticias Relacionadas

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana
Actualidad

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana

FERROL360 | Jueves 10 de julio de 2025 | 13:30 El Concello de Fene ha denunciado públicamente la aparición de nuevos vertidos incontrolados en diferentes puntos del municipio, tanto en las inmediaciones de contenedores como en caminos y zonas naturales....

Read moreDetails
Corte de suministro de agua en Covas

Corte de suministro de agua en Covas

La Policía Nacional detiene a dos personas con drogas destinadas al Festival de Ortigueira

Fallece un hombre mayor en Ferrol tras sufrir una caída en una embarcación de recreo

Valdoviño ofrece terrenos municipales a la Xunta para construir vivienda protegida

As Pontes advierte a Endesa que no aceptará proyectos en los terrenos de la térmica que no sean reales

Última Noticia

Los profesionales sanitarios secundan varias protestas en Ferrol este miércoles

Debate sobre el post

Actualidad

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana
Actualidad

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana

FERROL360 | Jueves 10 de julio de 2025 | 13:30 El Concello de Fene ha denunciado públicamente la aparición de...

Corte de suministro de agua en Covas

Corte de suministro de agua en Covas

La Policía Nacional detiene a dos personas con drogas destinadas al Festival de Ortigueira

Fallece un hombre mayor en Ferrol tras sufrir una caída en una embarcación de recreo

«Pasea y tapea» arranca con éxito de público en Valdoviño

Valdoviño ofrece terrenos municipales a la Xunta para construir vivienda protegida

As Pontes advierte a Endesa que no aceptará proyectos en los terrenos de la térmica que no sean reales

As Pontes advierte a Endesa que no aceptará proyectos en los terrenos de la térmica que no sean reales

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana
Actualidad

Fene denuncia vertidos incontrolados y pide responsabilidad ciudadana

FERROL360 | Jueves 10 de julio de 2025 | 13:30 El Concello de Fene ha denunciado públicamente la aparición de...

Fene se prepara para celebrar el ‘Mes da Patria’ con música, teatro y humor

Los conciertos de Ulex y De Ninghures protagonizan el ciclo ‘Xullo, mes da Patria’ de Fene

Libros del Océano edita «Al borde de tu orilla», de Pablo López Hernández

Pablo López, inaugura su nueva exposición de fotografías, en el Torrente Ballester

Los libros toman las calles de Pontedeume con la ‘Vila do Libro’

Corte de suministro de agua en Covas

Corte de suministro de agua en Covas

La Policía Nacional detiene a dos personas con drogas destinadas al Festival de Ortigueira

Últimas Noticas

La mala temporada del Racing lleva al equipo departamental a una profunda reestructuración

As Pontes se prepara para una edición épica de la Samurai Xtreme Race

Ares calienta motores para la XXVIII Travesía a Nado, una de las pruebas estrella del verano

Valdoviño celebra este sábado su quinto torneo de tenis playa con 44 parejas inscritas

Rubén Orzáez seguirá liderando a O Parrulo Ferrol en su regreso a Primera División

Hoops Eume firma un meritorio subcampeonato en Gondomar

Logo Ferrol 360
Logo Ferrol 360
  • Actualidad
  • Cultura
  • Deportes
  • Sociedad
  • REC360
  • Opinión
  • Agenda

Municipios

  • Ferrolterra
    • Ares
    • As Somozas
    • Cedeira
    • Fene
    • Ferrol
    • Moeche
    • Mugardos
    • Narón
    • Neda
    • Valdoviño
    • San Sadurniño
  • Eume
    • A Capela
    • As Pontes
    • Cabanas
    • Monfero
    • Pontedeume
  • Ortegal
    • Cariño
    • Cerdido
    • Mañon
    • Ortigueira

Actualidad

  • Campus
  • Política
  • Economía
  • Empleo
  • Naval
  • Defensa
  • Urbanismo
  • Sanidad
  • Sostenibilidad
  • Educación
  • Formación
  • Sucesos
  • Turismo
  • Entidades sociales

Sociedad

  • Comunicación
  • Memoria histórica
  • Salud & Bienestar

REC360

  • Reportajes
    • Sin salir de aquí
    • «Aquí quiero quedarme»
    • (Re) volvendo á terra
  • Entrevistas
    • Sal & Metal
  • Crónicas

Cultura

  • Música
  • Cine
  • Artes Escénicas
  • Literatura
  • Danza
  • Artes Plásticas
    • Pintura
    • Fotografía
  • Etnografía
  • Gastronomía
  • Patrimonio
  • Lingua
  • ¡Festa rachada!
  • Ocio y Eventos
  • Abeiro de músicas
  • Arquitectura
  • Feminismos
  • Espiritualidad

Deportes

  • Baxi Ferrol
  • Racing de Ferrol
  • Fútbol
  • Fútbol Sala
  • Atletismo
  • Baloncesto
  • Triatlón
  • Ciclismo
  • Gimnasia rítmica
  • Hípica
  • Artes Marciales
  • Natación
  • Remo y piragüismo
  • Rallyes
  • Remo
  • Rugby
  • Surf
  • Tenis
  • Tiro con arco
  • Waterpolo

Opinión

  • O Voceiro da veciñanza
  • Desde la Atalaya
  • Casos y cosas
  • Desde la diáspora
  • «Entre comillas»
  • Ferrol en femenino
  • Onte, mañá e sempre
2024 Auditoría y propiedad de Ferrol30 | Aviso legal | Política de Privacidad | Política de Cookies | Normas Ferrol360| Descripción de la imagen

© 2024 Ferrol 360 - by STGO.

Cuéntanos tu historia: redaccion@ferrol360.es
JFE_L_POS

Welcome Back!

Login to your account below

Forgotten Password?

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
  • Actualidad
  • Cultura
  • Deportes
  • Sociedad
  • REC360
  • Opinión
  • Agenda
Sin Resultados
Ver Todos los Resultados

© 2024 Ferrol 360 - by STGO.