FERROL360 | Venres 29 maio 2015 | 17:29
A agrupación electoral Iniciativa Cidadá de Mugardos presentouse ás eleccións municipais, nas que acadou tres concelleiros, cun proxecto baseado «na participación cidadá, a transparencia, a renovación, a apertura e a normalización social da vida política». Por iso, someterá a consulta popular o seu voto ao Pleno de Investidura.
Así, este este sábado celebrarán unha asemblea pública para aprobar o regulamento que rexa esa consulta popular coa que se decidirá o posicionamento do grupo en canto á investidura do futuro alcalde. Será ás 18:30 horas no Centro Cívico Municipal.
Iniciativa Cidadá de Mugardos afirma que apostan firmemente polas consultas populares para saber a opinión da cidadanía sobre «cuestións estratéxicas que afecten ás nosas posicións».
Debate sobre el post