FERROL360 | Martes 29 outubro 2013 | 17:34
O violín de Rembrandt é o título da obra que converteu ao escritor ferrolán Jorge Llorca Freire en gañador da trixésimo primeira edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor. O acto de entrega deste galardón, que inclúe un premio en metálico de 12.020 euros, terá lugar este sábado no teatro Jofre.
A gala, que dará comezo ás 20:30 horas, será presidida polo alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela. Tamén asistirá o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo.
A cerimonia estará aberta a tódolos públicos e os interesados poderán recoller a súa entrada gratuíta, ata o mesmo día do acto ou ata completar o aforo, no despacho do teatro municipal.
Na obra gañadora prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local se ve neutralizado con personaxes cotiás.