FERROL360 | Martes 18 mayo 2021 | 11:20
O Concello de Cabanas deu a coñecer este luns os nomes das ganadoras do seu II Certame de Poesía celebrado co gallo do Día das Letras Galegas. O xurado estivo composto por Antonio Tizón Barral, Henrique Sanfiz Raposo e a concelleira de Normalización Lingüística, Paula González Grueiro.
Na categoría infantil-xuvenil gañou a obra Os nosos maiores, de Mencía Pereira González, de 11 anos e residente en Culleredo. Na categoría de persoas adultas o galardón foi para Lúa Vila Blanco, de 30 anos e residente en Pontedeume, pola súa composición Unha mañá de maio.
O xurado acordou tamén conceder un accésit a Marcos Filgueiras Allegue, de 23 anos e residente en Cabanas, por Navíos de néboa. O acto de entrega terá lugar o vindeiro sábado 22 de maio ás 19:00 horas no Salón de Plenos. O Concello tamén agasallará a todas as personas que participaron.