FERROL360 | Sábado 16 xuño 2018 | 18:04
O Concello de Mugardos amplía as liñas de financiamento do programa «Rehabilita Mugardos» coa axuda dun convenio de colaboración firmado con Abanca. A rexidora, Pilar Díaz, informou o pasado xoves que a vindeira semana remata o prazo para pedir as axudas de rehabilitación e que as expectativas son que se esgoten os fondos.
O convenio firmado entre o Concello e a entidad bancaria frece condicións vantaxosas de crédito para a adquisición ou rehabilitación de vivendas nos cascos históricos do centro da vila e no Seixo, ao fío da Área de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU) posto en marcha en ambos os dous núcleos polo Concello, con axudas da Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento.
Esta ampliación das liñas de financiamento chega cando está a piques de rematar o segundo prazo de solicitude de axudas. Segundo explicou a alcaldesa, «a tenor da actividade que se rexistrou na Oficina de Rehabilitación do Concello as expectativas son que se presenten suficientes peticións como para esgotar o presuposto previsto, de maneira que se conqueriría o obxectivo de mobilizar un presuposto de máis de 133.000 euros».
O acordo de colaboración entre o Concello e Abanca permite opcións de financiamento para obras de mellora enerxética no fogar, adquisición de equipos ou conexión de banda ancha e axudas para pemes e autónomos.
Deste xeito se espera atraer e fixar poboación no casco histórico do centro de Mugardos e no Seixo, mellorando a calidade e as condicións de vida nas vivendas.
Debate sobre el post