FERROL360 | Mércores 8 xuño 2016 | 12:58
Aprender a facer xoguetes, dun xeito divertido e económico, utilizando materiais de refugallo é o obxectivo do novo obradoiro convocado pola Concellería de Educación de Narón. Esta actividade, de balde, diríxese aos peques de 4 a 8 anos e o prazo de inscrición para anotarse xa está aberto no Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Para anotarse hai que chamar ao número de teléfono 981 337 700 -ext.1516- ou escribir ao enderezo electrónico: a.pita@naron.es. Deberán facilitar o nome e idade do neno que participará na actividade, así como o nome e apelidos da súa nai ou do seu pai, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto.
En total, ofértanse cincuenta prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as familias que forman parte do proxecto Apego. Este obradoiro para cosntruír enredos con material de refugallo celebrarase este venres, 10 de xuño, no local social de Piñeiros entre as 18:00 e as 19.:0 horas.
A actividade enmárcase no programa Apego, que promove a socialización en galego da infancia, e correrá a cargo do proxecto Xandobela. Un dos obxectivos desta proposta é fomentar a creatividade e a autonomía dos menores, que ademais gozarán dunha divertida tarde de xogos con rapaces e rapazas da súa mesma idade.
Debate sobre el post