Publicidad

Narón pecha o seu Certame Intercentros, no que participaron 800 alumnos da localidade

Imaxe do acto (foto: Concello de Narón)
Imaxe do acto (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 11:52

Ata 800 alumnos de Narón participaron no XXVIII Certame Intercentros, promovido polo Concello e que celebrou o seu acto de entrega de galardóns no Pazo da Cultura. O alcalde, Xosé Manuel Blanco, presidía unha cita á que acudía unha representación de uns 300 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Narón para recoller os recoñecementos outorgados nas diferentes categorías.

Membros do consistorio, de centros educativos e da Xunta tamén estiveron no Pazo naronés. O certame inclúe as modalidades de murais, conto, cómic, conto ilustrado, expresión oral, canción en galego, audiovisual, reportaxe xornalística, teatro escrito e narrativa. O colexio da Gándara cedeu a condición de organizador ao CPI O Feal de cara ao 2018.