FERROL360 | Luns 11 novembro 2013 | 19:58
Ata o vindeiro 22 de novembro a Casa das Palmeiras de Neda acolle unha mostra da Asociación Néboa Medio Ambiente. O próximo sábado 16 haberá un acto de presentación para explicar o contido da exposición.
Está composta por distintos traballos en torno á riqueza medio ambiental do río Belelle. Os participantes e creadores deste proxecto son os propios socios da asociación e mesmo nenos e nenas que forman parte do club infantil Chuvieira.
A entrada para visitar unha mostra que reflicte o respecto pola natureza e os nosos entornos é gratuita. O público poderá achegarse en horario de 17:00 a 20:00 horas de luns a sábado, e de 11:00 a 13:00 horas, sábado e domingo.
Debate sobre el post