FERROL360 | Miércoles 22 mayo 2019 | 13:42
O vindeiro 2 de xuño é a data escollida polo Concello de Neda para organizar o II Certame de Pintura Rápida ó aire libre. O Concello espera repetir o éxito da primeira edición que convocou a 37 participantes. As persoas interesadas en participar poden inscsribirse ata o día do certamen na Casa das Palmeiras, lugar onde se celebrará o acto.
A organización quere incentivar aos cidadáns para que presenten as súas obras e destina 2.000 euros en premios dos cales o gañador levase 1.000 euros e un diploma. O segundo e o terceiro recibirán 500 e 300 euros, respectivamente.
Ademais, haberá unha categoría especial para á xente de Neda que deberá acreditar a súa vinculación co Concello mediante o pago dun imposto ou xustificante do padrón. O gañador ou gañadora ao premio local percibirá 200 euros e un diploma.
Cada participante pode escoller o estilo e a técnica que desexe así como presentar unha soa obra. A temática xirará en torno á paisaxe, o espazo físico e as súas xentes e costumes.
Outro requisito é o soporte do cadro que debe ser ríxido e presentarse nunha única cor de fondo. As medidas deben estar entre os 50×50 centímetros de mínimo e os 100×81 centímetros de máximo.
Cada artista deberá aportar o material que considere necesario para facer o seu traballo, incluído o seu cabalete, no que se expoñerá a súa obra posteriormente.
Os cadros escollidos terán que ser presentados entre ás 16:00 e 17:00 horas na Casa das Palmeiras. A continuación, darse a coñecer o nome do gañador ou gañadora.
Unha vez finalizada a entrega dos galardóns, os artistas dos cadros non premiados poderán asinar as obras realizadas e poñelas á venda ata as 20:00 horas.
As obras premiados pasarán a ser propiedade do Concello de Neda ou das persoas ou entidades que os patrocinen, así como os dereitos de reprodución.
As persoas interesadas poden incribirse a través do correo electrónico cultura@neda.es ou ben o mesmo día do certame, entre as 9:00 e as 11.00 horas na Casa das Palmeiras sita na rúa Algeciras número 47.
Debate sobre el post