Publicidad

Neda ofrece unha visita guiada polo seu casco histórico o próximo martes

 

FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 |19:53

A área de Turismo do Concello de Neda, ten preparado un itinerario pola zona antiga da real vila para coñecer a súa arquitectura e patrimonio monumental.

O roteiro, que se iniciará ás cinco da tarde do martes 19, percorrerá a distancia que separa as igrexas de Santa María e de San Nicolás. A duración prevista é de tres horas, logo de visitar as rúas Real, Paraíso,o cruceiro ou a Torre do Reloxo.

Os interesados en participar, deberán inscribirse previamente na Casa da Cultura, escribir un correo a cultura@neda.dicoruna.es ou chamar ao teléfono 981 39 02 33.

Encontro de maiores en Viladonelle

Aínda está aberto o prazo para inscribirse na sexta edición do Encontro de Maiores o vindeiro venres 22. A cita, que é gratuíta para os nedenses maiores de 65 anos, consta dunha completa cea e un posterior baile con música en directo. Para anotarse, é preciso visitar as oficinas municipais de Servizos Socias (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).

O roteiro polo casco histórico de Neda desenvolverase o vindeiro 19 de novembro (foto: Concello de Neda)
O roteiro polo casco histórico de Neda desenvolverase o vindeiro 19 de novembro