Publicidad

Normalización Lingüística de Ferrol inicia hoxe un obradoiro de técnica teatral clown

FERROL360 | Luns 17 novembro 2014 | 14:31

O Concello de Ferrol, por medio da concellería de Normalización Lingüística, comeza hoxe un obradoiro gratuito de iniciación ao clown. O clown é unha das artes escénicas consolidada como técnica teatral e de novo circo. O vehículo desta actividade será a dramática da lingua galega e tamén favorece habilidades sociais como as dinámicas de grupos. A duración do curso é de 15 horas e está organizado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, na que colabora o Concello de Ferrol.

As sesións, catro en total, se celebran no Antigo Hospicio os días 17, 19, 24 e 28 de novembro. O imparte Pedro Brandariz, membro da compañía Os sete magníficos máis un, fundada no 2001. Traballou cos mellores mestres do clown, como son Leo Bassi, Carlo Colombaioni ou Andrés del Bosque.

Neste obradoiro, a lingua é ferramenta dramática fundamental e obxectivo prioritario. Este xeito tan perticular de comicidade, o clown, conta cunha boa aceptación por parte do público en xeral e sobre todo entre a xuventude, que se identifica coa súa liberdade, espontaneidade e espírito crítico.

O Antigo Hospicio acolle as 15 horas deste obradoiro de clown do Concello ferrolano.
O Antigo Hospicio acolle as 15 horas deste obradoiro de clown do Concello ferrolán.