Ferrol360 | Venres 7 xuño 2024 |
A carteleira do Dúplex Cinema do 7 ao 13 de xuño trae novidades para diferentes públicos, así como novos pases de filmes xa estreados no cinema.
Richard Linktaker (Boyhood, Antes do Amencer…) volta ao cine coa súa nova longametraxe Hitman. Asasino por casualidade, a película destacada do mes no Dúplex. A cinta, protagonizada por Glenn Powell e Adria Arjona, mestura xéneros dende o cinema negro ata a comedia. A crítica a considera o mellor traballo de Linktaker dende Boyhood.
O martes 11 ás 20.15h, dende o cinema poñen fin á tempada de ópera e ballet dende a Royal Opera House, con Andrea Chenier, baixo a dirección orquesta de Antonio Pappano. Esta proxección contará con reposicións o domingo 16 ás 16.15.
Segue en cartelera, con novos pases, Segundo premio, e proxectaranse os últimos pases de Sempre nos quedará mañá, Tatami, As neves, Back to Black e Furiosa.
Debate sobre el post