FERROL360 | Sábado 20 decembro 2014 | 14:03
Os pequerrechos de San Sadurniño xa teñan os deberes feitos e saiban que van pedir este Nadal, poden contarllo de primeira man ao Apalpador. E é que este este sábado visita o local social da Veiga, en Naraío, para pasar un rato cos cativos e escoitar os seus desexos para este Nadal. Será ás 20:00 horas.
Ademais, a asociación de veciños organiza o Nadal na Lareira e a iso das 18:30 horas actuará o pallaso e malabarista Peter Punk. Despois da chegada do Apalpador servirase chocolate con bica.
O Apalpador xa estivo este venres na Casa da Cultura de San Sadurniño, onde os nenos gozaron de xogos e obradoiros de manualidades durante boa parte da tarde.
