FERROL360 | Sábado 30 xullo 2016 | 15:06
A moción presentada polo BNG de Ares por vía de urxencia para solicitar á Deputación Provincial que se inclúa a partida para acometer as obras da segunda fase da estrada de Ares- Chanteiro foi rexeitada polos grupos de PSOE, NAL e SON. Unha actitude que o portavoz municipal do BNG, Emilio Mesías, calificou de falta de consideración e respecto á veciñanza de Cervás-Chanteiro.
Mesías non entende o rexeitamento a esta moción e conclúe que os grupos «non consideran de urxencia a obra». Ante esta situación, o voceiro do Bloque indica que trasladará unha petición directamente á Deputación para que «a segunda fase figure nos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano, co obxectivo de facer realidade as aspiracións veciñais».
Así as cousas, desde o BNG de Ares lembran a loita veciñal que desde hai anos vén desenvolvéndose para conseguir un compromiso efectivo da Deputación para acometer esta obra.
Debate sobre el post