FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 17:27
Unha vez máis, tal e como fixeron a pasada semana, o BNG no Concello de Narón colocou unha mesa de recollida de sinaturas para pedir apoio á súa demanda de construír un novo ambulatorio. O futuro inmoble estaría ubicado fronte o actual edificio de saúde naronés.
Esixen que a Xunta de Galicia inclúa crédito no orzamento do SERGAS para o 2014 para este fin.
Os nacionalistas comunicaron que van intensificar a recollida de firmas nos vindeiros días. O contorno do centro comercial Dolce Vita Odeón será o espazo elixido polo BNG local para instalar a mesa de recollida de apoios na tarde do venres e o sábado pola mañá.
Debate sobre el post