REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 12 marzo 2014 | 14:36
O BNG de Ferrol desenvolveu este mércores unha «acción reivindicativa sobre a lingua e a propia cultura galega» para denunciar que o goberno municipal non utiliza o galego nas súas campañas informativas. Así, lamentan que tanto a campaña coma os dípticos do Programa de Reactivación Comercial do centro da cidade estean en castelán.
Por exemplo, os locais baleiros que se ofertan neste programa contan cunhas pegatinas que din ¡Fíjate en esto! Os nacionalistas cambiaron unha delas por Fíxate nisto! É un acto simbólico que «representa a actitude que mantivo durante todos estes anos o goberno», segundo explicou o voceiro do Bloque, Iván Rivas.
Rivas sinalou que a última campaña que desenvolveu o goberno municipal «está incumprindo a norma que existe no propio Concello de que a lingua oficial é o galego». Así, reivindican que o Concello «cumpra as ordenanzas», xa que aseguran que «non acatan» esta normativa desde que comezou o mandato.
Debate sobre el post