FERROL360 | Martes 11 outubro 2016 | 10:05
Narón pecha esta semana o ciclo de Teatro Afeccionado coa representación dos dous últimos espectáculos. Serán este mércores e domingo, coa compañía Porta Aberta Teatro, que representará a obra A casa do senador, e O aturuxo de Melpómene, que estreará a obra Terapia de bar, dirixida polo naronés Jose Luis Prieto, respectivamente.
A casa do senador é unha comedia dirixida a todo tipo de público, que fará gozar aos espectadores a base de ocurrentes experiencias. A última das obras, Terapia de bar, é tamén unha comedia, neste caso de terror, que xira ó redor dun escenario común, o bar «Da Costa», no que se aplican unha serie de terapias que eliminan vicios pero a base de danos colaterais.
As actuacións comezarán ás 20:00 horas, no Auditorio municipal, e a entrada é de balde. O Padroado da Cultura de Narón colaborou neste ciclo, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado e coordinado pola asociación teatral O aturuxo de Melpómene.
Debate sobre el post