FERROL360 | Xoves 6 marzo 2014 | 20:56
Acabou o día, acabou a romaría.
Acabáronse os días de troula adicados a poñerse na pel dos outros ataviándonos con vestimentas ridículas para mofarse e rir polas rúas.
En realidade, ‘case’ rematou o entroido. Agora só falta soterrar a sardiña e quedará oficialmente pechada esta xornada de festa pagana.
A praza de Ultramar acollerá o tradicional enterro este venres. Ás cinco da tarde haberá unha festa infantil amenizada polo xenial Mickey Mouse e pasadas as oito está previsto que ata catorce comparsas percorran as rúas do barrio paseando á sardiña antes da súa incineración. Algunhas das agrupacións asistentes serán: os viúvos e as viúvas da AVV Ultramar, a Revolta, os Parrandolos, Troupele Troupele, os Nenos de Lola ou os Piratas de Penencia.
O desfile partirá da rúa Sánchez Calviño, e tras pasar polas rúas Paraguay, Nova de Caranza, República Arxentina e Venezuela, chegará á praza de Ultramar. Alí, cada comparsa cantará unha canción do seu repertorio e logo haberá un sorteo de regalos.
Tal e como indica a tradición, o peixe será queimado ás once da noite para rachar co pasado e para que o ano que vén, renaza con máis forza unha sociedade transformadora.
Pero a novidade de este ano, é que a entidade organizadora, a Asociación de Veciños de Ultramar -en colaboración co Concello de Ferrol- amplía a celebración do entroido ata o sábado 8 de marzo.
A música será a protagonista de novo na praza de Ultramar, cunha sesión musical a partir das 12:30 horas e, pola noite, a partir das 21:00 horas.
Durante esta xornada do sábado, todas as persoas que se acheguen á zona, poderán degustar as tapas do entroido por dous euros nos locais hostaleiros participantes.
Debate sobre el post