FERROL360 | Jueves 17 marzo 2016 | 20:17
Un novo convenio de colaboración entre a Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística do Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística fai posible que este venres teña lugar o festival musical A Mocidade coa Lingua a partires das 10:30 horas no Auditorio de Ferrol.
Un evento que cumpre un cuarto de século dende a súa constitución a prol da lingua e no que participan os mestres e os alumnos, subindo tamén desta volta ao escenario a grupos veteranos ademais dos escolares, de música en galego e de todos os estilos.
Neste ano toman parte cinco grupos, tres noveis e dous profesionais. O primeiro dos noveis, Indianos, está formado por alumnos do IES de Neda. A Eigth Swing danlle forma rapaces dos centros do Montojo, Canido e Concepción Arenal que traducen e cantan blues con ritmo de bossanova. O terceiro dos grupos escolares chámase Polaina e é un coro do IES Carvalho Calero, con base rockeira.
Sucederanos no escenario de Caranza os grupos Blues do País, con temas que versionan e traducen ao galegos melodías populares do blues con moito chiste e Sacha na Horta, ‘agropachanga’ feminista para non perder.
Debate sobre el post