Publicidad

O goberno de Narón anima a doar sangue dando exemplo

FERROL360 | Martes 14 xullo 2015 | 16:08

Hai mellor xeito de animar á xente a doar sangue que cundir co exempleo? Conscientes de que os niveles de sangue A+, 0+ e 0-, e normal os grupos A+, B+ e B- están baixos, membros do goberno local de Narón decidiron subirse este martes a unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia e doar a súa sangue.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e as edís Marián Ferreiro e Mar Gómez, amosaron publicamente o seu respaldo á campaña de verán do CTG e fixeron un chamamento á colaboración de todas aquelas persoas que poidan doar sangue.

Este martes a unidade móbil estará ata ás 21:00 horas na rúa 25 de Xullo, nas inmediacións do centro de saúde. Pero tamén existen puntos fixos onde poder doar sangue e os vehículos do CTG semanalmente se desprazan pola comarca para realizalas doazóns.

Publicidad

campamentos