FERROL360 | Xoves 20 marzo 2014 | 12:48
Xa chegou a estación máis florida do ano e, para darlle a benvida, en As Pontes celebran dende hai tempo un fermoso costume que ten á poesía como protagonista.
As voces da agrupación pontesa Alalá deleitarán este venres ao público que asista ao cine Alovi cunha sesión poética moi primaveral.
Anibal Anxel, Gloria David, Ofelia López, Mari Carmen Freire e Santi del Moral darán lectura a poemas propios e doutros autores e ademais estarán acompañados polo alumnado do Conservatorio de Música do municipio.
Haberá tamén a visita especial do escritor lucense Yago Rodríguez Yañéz, que na actualidade é mestre no CPI Monte Caxado e investigador da obra do poeta Fiz Vergara Vilariño. Os seus textos acompañarán aos membros de Alalá no recital aberto a todo o público, que dará comezo ás 21:00 horas.