FERROL360 | Mércores 26 xullo 2017 | 00:00
O porto de Redes acollerá o vindeiro 5 de agosto a tradicional Festa da Cabria, que comezará ás 10:30 horas e que organiza a Agrupación Instrutiva de Caamouco. Colaboran o Concello de Ares e a Asociación Cultural Camiño da Artesanía.
O evento inclúe unha exhibición etnográfica, música polas rúas da vila pesqueira e actividades infantís, así como unha degustación popular de sardiñas. Como novidade, incorpora un mercado de artesanía e a demostración en vivo de traballos artesáns a cargo de profesionais na contorna da Praza do Pedregal.
Os participantes nos cursos de cestaría e encaixe da agrupación organizadora chegarán ao longo da mañá. A protagonista da xornada asumirá o papel principal ao mediodía. Voluntarios subirán á cabria para amosar como penduraban historicamente as redes ao sol, técnica que tamén aprenderán os nenos cunha máis reducida.
Eles tamén trasladarán esas redes dende os almacéns ao porto para o seu uso por parte dos adultos. Os promotores fan un chamamento destacado á participación de mulleres. Con paus verticais de madeira de castiñeiro fixados no chan, as cabrias dotábanse de apoios horizontais para secar as redes ante a inexistencia de lugares específicos no pintoresco porto.
Debate sobre el post