Publicidad

O recinto feiral do Trece acolle a Exposición Canina Concello de Narón

A feira do Trece acolle a quinta edición do certame canino (foto: Concello de Narón)
A feira do Trece acolle a quinta edición do certame canino (foto: Concello de Narón)

FERROL360 | Domingo 6 marzo 2016 | 01:40

A concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón organiza esta fin de semana a quinta edición da Exposición Canina Concello de Narón, que celébrase no recinto feiral do Trece. A parroquia de Sedes xa acolleu este sábado no marco desa iniciativa os primeiros actos para o público asistente.

Así, desenvolveuse unha exhibición da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia, Casaga, cun cento de cans intervindo. A concelleira de Feiras, Mar Gómez Casal, entregou os trofeos aos premiados no certame, organizado polo consistorio en colaboración coa Sociedade Cinolóxica Galega. A programación continúa este domingo.

Dende as once da mañá hai unha exposición canina, na que poden inscribirse os interesados previo abono de 20 euros. Despois, entrega de trofeos aos exemplares que reciban mellor valoración por parte dun xuíz internacional que asiste á proba, puntuable para o campionato galego. De igual xeito, entréganse ao remate os diplomas aos gañadores dese mesmo campionato no 2015.

Gómez Casal destacou a elevada participación e afirmou que este domingo pódense ver de novo cans de diversas razas e coñecer as súas características nas exposicións. Ademais, ofrécese a posibilidade de acreditar a calidade do can se non realizou o seu propietario os trámites precisos. Poderá completar ese proceso nun local habilitado na feira.