FERROL360 | Luns 9 maio 2016 | 19:36
A vila das Pontes converterase por vez primeira en anfitrioa dunha nova edición do Festival da Francofonía, que chega este ano á súa oitava edición e estará apadriñada polo cantante José El Francés.
A cita, que ten por obxectivo poñer en práctica o idioma galo e dar a coñecer a cultura francesa, congregará a centos de rapaces e rapazas dunha decena de centros educativos de toda Galicia.
Será unha actividade amena e didáctica onde os escolares afondarán no coñecemento da cultura e civilización do mundo francófono, ó mesmo tempo que potencian as súas dotes escénicas, e traballan en equipo.
O encontro arrancará a partir das 11:00 horas nas inmediacións do lago pontés.