FERROL360 | Mércores 30 novembro 2016 | 18:16
Os bebés non veñen cun libriño de instruccións e aínda que as sillitas para levalos no coche si, o certo é que ás veces levalas á práctica parece imposible. Para solventar as dúbidas das familias que están a esperar un bebé sobre os sistemas de retención infantil, porteo e matronatación, o Concello de Narón programou un obradoiro no que se tratarán estes temas.
A cita será este xoves e comezará ás 11:45 horas na piscina municipal da Gándara, onde se impartirá unha clase de matronatación. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, o local social do Alto do Castiñeiro acollerá unha charla informativa sobre seguridade no automóbil e sistemas de retención infantil, a cargo de persoal de Ali Bebé, e de porteo, da man do grupo de apoio á lactación materna Bbtta.
A actividade é de balde e diríxese a todas as familias interesadas, se ben é preciso anotarse previamente a través dos correos electrónicos: seguridadevial@naron.es ou a.pita@naron.es; chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2412 ou 1516), ou nas instalacións de Ali Bebé.
Debate sobre el post