FERROL360 | Sábado 22 febreiro 2020 | 12:20
Ortigueira abre o Entroido este sábado cunha xornada con pasarrúas, sesión vermú, xantar popular, verbena e actividades infantís a cargo da Comisión de Festas do Porto de Espasante. A xornada forte terá lugar este domingo pola tarde cunha xornada especialmente adicada ao máis pequenos da casa e aos doces na Alameda de Ortigueira.
Así, está previsto que entre as 18:00 e as 19:00 horas arranque a «XXIV Xornada Gastronómica de Doces do Entroido» na que as persoas participantes deberán entregar os doces na Alameda.
A cita incluirá obradoiros, xogos e un desfile de disfraces na que os nenos e nenas disfrutarán dunha gran festa infantil e os maiores poderán degustar os doces típicos destas datas.
A xornada gastronómica inclúe catro categorías de doces, orellas, bolas, freixós e pistrinos, cada unha delas con dous premios de 100 e 75 euros.
As asociacións tamén poderan optar a un premio de 150 euros se entregan un mínimo de 10 bandexas de doces de distintos socios da entidade.
O vindeiro luns 24 de marzo terá lugar o concurso de disfraces e desfile, con varias categorías e premios. En total haberá un total de 3.775 euros en premios para as categorías de: comparsas; individual, parellas e tríos; grupos de 4 a 10 personas, grupos de máis de11 persoas e premio dos centros sociais.
O desfile sairá da biblioteca ás 21:00 horas ata a carpa da Alameda, onde cada participante representará unha coreografía de non máis de catro minutos.
Debate sobre el post