FERROL360 | Sábado 7 xullo 2018 | 12:31
O Concello de Ortigueira, organizará, a proposta da asociación Rural Vivo do Ortegal, un mercadillo de verán que estará aberto todos os domingos a partir do próximo 22 de xullo ata o 16 de setembro no Paseo da Alameda de 10:00 a 14:00 horas.
O mercadillo inscríbese no programa Ortegal Sostible e aposta pola producción local e artesanal xa que dará prioridade aos pequenos produtores de artesanía, arte e alimentación
As persoas interesadas teñen aberto o prazo de inscrición cun máximo de 15 postos nos que primarán á venda de alimentos ecolóxicos quilómetro cero, de tempada, artesáns ou de reciclaxe. Os inscritos non terán que pagar taxa pola instalación do posto, pero terán que realizar a inscrición segundo as bases que están colgadas na sede electrónica do Concello.
O prazo para anotarse remata o vindeiro 11 de xullo. Lembrar que nos postos está prohibido o uso de plástico e os vendedores deberán encargarse de colocar e desinstalar os seus postos. En caso de non cumplir as normas están expostos a un réxime sancionador para posibles incumprimentos.
Debate sobre el post