FERROL360 | Sábado 20 febreiro 2016 | 13:43
A Iniciativa Cidadá de Mugardos e o grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas traballaron conxuntamente para organizar o acto «Medrar en galego é posible» en conmemoración do Día Mundial da Língua Materna, que se celebra este domingo. Será no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega, en O Seixo, ás 12:00 horas.
O presentador de Radio Filispim, Xurxo Gago, desenvolverá un formato novidoso para a ocasión, así a través dunha entrevista colectiva irán construíndo un relato sobre o uso do galego na infancia e as súas oportunidades na vida adulta. Deste xeito, se achegarán as experiencias persoais de xente significativa no pasado, presente e futuro do galego.
Os protagonistas serán: Juan Fernández, primeiro fillo, logo pai e hoxe avó mugardés; Ladislao da Regueira, pintor local; Roger de Flor, cantautor fenés; Serafín Álvarez, profesor de galego e actualmente director do IES de Mugardos; Gelo Paz, educadora social e traballadora no centro de maiores de Ortigueira e Ana Rico, educadora infantil e membro da Semente de Trasancos.
Nun comunicado, as dúas organizacións políticas mugardesas aseguran que con este acto pretenden situar o foco nun problema común e non resolto durante décadas, «o das nenas e nenos criados en galego no seo das súas familias que, sen embargo, perden a súa língua materna ao chegar á escola».














Debate sobre el post