FERROL360 | Luns 8 agosto 2016 | 12:51
O Concello de Pontedeume pon en marcha o I Plan de Ornato Público da Lexislatura, que consiste nunha serie de actuacións encamiñadas a poñer en valor o incrible potencial e patrimonial que ten a vila.
Deste xeito, estanse a pintar xa farolas, limpando as rúas con aparellos de presión, e tamén contratáronse varias actuacións de instalación de novos elementos decorativos que serán instalados ao longo deste mes.
Asemade, unha vez recibido o visto bo de Patrimonio instalaranse novas papeleiras no casco histórico, xardineras con flores, e tamén papeleras para recoller os excrementos dos cans. Por outra banda, colocaranse bancos en varias zonas como na parte do Paseo Marítimo que vai paralela á autoestrada cara a pía de Ombre.