FERROL360 | Luns 11 abril 2016 | 16:08
Será o vindeiro 12 de xuño cando Narón celebere a quinta edición do Encontro Interxeracional no paseo marítimo de Xuvia. Unha cita na que comezaron a traballar este luns a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, e os representantes de dezasete entidades do municipio, coa coordinación do programa.
A edil naronesa e os representantes das asociacións acordaron adiantar a data do evento para evitar que coincida con outras actividades a desenvolver na localidade. Os asistentes á convocatoria acordaron manter unha segunda xuntanza o vindeiro día 25 para perfilar o programa de actos a desenvolver ao longo da xornada, para a que cada asociación plantexará unha serie de actividades.
Sabio lembrou que o Encontro Interxeracional supón o remate das actividades do programa de Envellecemento Activo impulsado desde o Concello de Narón. Trátase dunha convocatoria aberta á participación tanto de entidades como de particulares e que se dirixe tanto os maiores que participan no citado programa como as súas familias