FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 10:47
Un veleiro con dúas persoas a bordo quedou sen goberno na madrugada do martes ao mércores á altura do Cabo Ortegal, en Cariño. A embarcación tivo que ser remocalda por Salvamento Marítimo ata o porto de Cariño. Os dous tripulantes, de nacionalidade francesa, están en perfectas condicións.
Desde o 112 Galicia informan que o veleiro, de 11 metros de eslora, dirixíase a A Coruña desde Francia. Un dos tripulantes chamou ao 112 Galicia ás 4:00 horas e indicou que estaba navegando co seu fillo e que o veleiro quedou sen combustible.
Despois de facilitar as súas coordenadas, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Salvamento Marítimo, que decidiu movilizar a Salvamar Shaula. Asimesmo, se informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao GES de Ortigueira e á Gardia Civil.
Debate sobre el post