FERROL360 | Mércores 15 xullo 2015 | 12:40
A avespa velutina regresou a San Sadurniño e nos últimos días apicultores da delegación de Ferrol da AGA e da Casa do Mel de Goente retiraron catro niños localizados en Ferreira e en Bardaos. Tres encontrábanse nas proximidades de vivendas e un foi localizado entre os salgueiros que pechan un prado.
Desde o Concello de San Sadurniño recoméndase vixiar o contorno na procura de niños e avisar ao 112 no caso de que se atope algún. Segundo indican desde a administración local, o 012 encóntrase saturado por momentos ou ben non responde e por iso recomendan chamar ao 112.
As recomendacións se atopamos un avispeiro de velutina é cerciorarnos de que se trata desta especie e non dun niño de avespas autóctonas. Como diferencialas? A velutina é una avespa máis grande, coa cabeza e o tórax practicamente negros e cunha grande banda amarela/alaranxada na parte final do abdome. Outro trazo característico son as patas, metade negras e metade amarelas.
Debate sobre el post