FERROL360 | Venres 5 xullo 2013 | 16:32
Esta fin de semana, a vila do Ortegal celebra as súas festas na honra á Virxe das Angustias.
Na primeira xornada haberá un pasarrúas desde as dez da mañá a cargo dos Charangos de Neda e pola noite amenizará a verbena, desde as once, o Trío Vivarium e a discomóbil Pegaso con DJ Pana.
Ás doce do domingo, haberá unha misa solemne e procesión acompañada polo grupo de gaitas Brisas da Croa (Ortigueira). Para pechar as festas, na verbena das once actuará o grupo Nievla.
Organizan os actos a comisión de festas e o Concello de Cariño.
Debate sobre el post