FERROL360 | Sábado 29 xuño 2013 | 11:40
Ata 85 expositores visitarán esta actividade organizada polo Concello para vender artesanía, produtos frescos, transformados ou de segunda man. A intención de facer este intercambio entre produtores e consumidores é evitar a intermediación e, deste xeito, propiciar un prezo xusto para cada produto, beneficiando a ámbalas dúas partes.
Ademais, concíbese como un xeito de potenciar e recuperar as feiras de antano, favorecendo a proximidade entre vendedor e comprador. Son 34 os postos de artesanía, 24 de venda de produtos do sector primario e 27 postos non profesionais destinados principalmente ao troco de obxectos de segunda man.
De saír ben este primeiro encontro comercial poderían facerse posteriores edicións. O mercado terá lugar a partir das 9.30 da mañá na praza do Concello e no adro do convento do Rosario.
Debate sobre el post