FERROL360 | Martes 22 outubro 2013 |
«Ben está o que ben remata, pero polo camiño, ás veces, que mal se pasa». Desta reflexión tan acertada, xorde unha interesante expresión artística, e moi cercana. A compañía teatral Voadora, faise cargo dunha peza de microteatro ideada para un espazo íntimo e representada para un aforo aproximado de 15 persoas.
Happy End é un pequeno conto sobre o amor; unha microcomedia romántico-musical que está a piques de cumprir o seu primeiro ano de idade, logo de ser representada por diversos escenarios galegos.
Ao Centro Cultural Torrente Ballester, tócalle desta vez acoller a representación liderada por Marta Pazos, Jose Díaz e Hugo Torres, dentro do ciclo cultural Noites na Capela. Será este xoves a partir das nove da noite. As entradas custan 4 euros e pódense adquirir de maneira anticipada na páxina web do Concello de Ferrol ou no despacho do teatro Jofre.
Debate sobre el post