FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 11:22
Cando se cumpren once anos da catástrofe do Prestige, a Asociación Cultural Fuco Buxán presenta unha exposición sobre a obra artística dun home que viviu corenta anos pegado ao mar de Camelle.
En colaboración coa Fundación Man e o Ateneo Ferrolán, a mostra recolle as fotografías e os textos de Manfred Gnädinger, o alemán que adicou parte da súa vida a pintar e a crear esculturas con elementos naturais da Costa da Morte.
O colectivo sinala que a escolma «quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo». Sempre involucrado na preservación do medio ambiente, Man practicou unha forma de vida considerada ‘alternativa’ nos nosos tempos.
Mes e medio despois do accidente do buque petroleiro nas costas galegas en 2002, Man faleceu aos 66 anos de idade.
A exposición que será inaugurada este venres ás 20:30 horas, poderá verse ata o próximo 30 de novembro no Ateneo Ferrolán.
Debate sobre el post