FERROL360 | Mércores 3 abril 2019 | 20:45
Semente Trasancos organiza este sábado unha sesión vermú ambientada no pobo mapuche. Así, baixo o título Mapuchemente, misturando o nome do proxecto educativo e o deste pobo que ten unha poboación dunhas 700.000 persoas repartidas entre Chile e Arxentina, promoven unha festa chea de música, actividades para as crianzas e petiscos a prezos populares.
A escola de San Mateo (Narón) albergará a sesión desde as 12:30 horas baixo carpa. A música correrá a cargo das Cuarta Xusta, desde Melide, que presentarán o seu traballo Um novo espertar. As sementiñas tamén terán protagonismo cunha pequena actuación da extra escolar Cantar e dançar todo é começar.
O obxectivo da actividade, contan desde Semente, é «continuar a socializar o nosso projeto educativo e continuar a angariar fundos para a nossa escola de Primário». A actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.