FERROL360 | Mércores 8 outubro 2014 | 11:59
CortoEspaña e o Concello promoven o I Festival de Curtametraxes de Neda, que se celebrará este venres 10 de outubro e o vindeiro día 17 na Casa das Palmeiras con entrada de balde ata completar aforo. Proxectaranse unha vintena de traballos e o público elexirá a mellor curta do certame, que recibirá un premio en metálico de 100 euros.
As proxeccións arrancarán a partires das 20:30 horas e o programa deste venres incluirá a exhibición dos seguintes traballos: Amateur, de David Rodríguez; Sin comentarios, de Alex Barvel; Te Escucho, de Jorge Blas; El Pastel, de Estela Osorio; 02:43, de Héctor Rull; F5, de Bodgan Toma; Fall in Love, de Sonia de Carlos; Bitseller, de Juanma Sánchez Cervantes e 15 Promoción.K, de Stefano Ridolfi.
Fóra de concurso, proxectaranse dúas curtas da zona. Este venres, A Rampla, rodada en Neda e dirixida polo ferrolán Juanín Ares, e o día 17, De baixa.
Debate sobre el post