FERROL360 | Martes 28 abril 2015 | 19:01
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da Asociación Nosa Señora de Chamorro, Concepción Lage, asinaron este martes un convenio de colaboración para que os usuarios desta entidade poidan participar no programa de Educación Vial Municipal.
Así, o Concello ofrecerá asesoramento á entidade para levar a cabo as actividades, atendendo ás necesidades particulares dos centros (centro educativo, centro ocupacional e centro de día). Tamén levarán a cabo as actividades que os coordinadores consideren axeitadas para eses centros, e realizarán saídas conxuntas, dando continuidade á primeira Marcha Ciclista Escolar realizada durante o curso.
Ademais, o Concello levará a cabo a promoción e o desenvolvemento de accións encamiñadas a lograr a mobilidade segura no municipio de Narón. Todos estos acordos non supoñen coste algún, posto que o Equipo de Educación Vial Municipal se encargará de levalos a cabo.
A duración deste convenio específico de colaboración é de tres anos a partir da súa sinatura, podéndose prorrogar no tempo.
