Publicidad

Vacacións en paz: descanso para os nenos saharauis

O programa é para rapaces de 8 a 12 anos os meses de xullo e agosto

FERROL360 | Jueves 6 de junio 2024 | 12:45

A campaña de Vacacións en paz continua aberta apelando á solidaridade dos ferroláns e ferrolás. Nestes momentos hai catro familias apuntadas para  participar acollendo a nenos saharauis, que teñen  8 e 12 anos, para que poidan disfrutar durante dous meses dunhas vacacións afastados das elevadas temperaturas que soportan no campamento de Tinduf, onde viven.

O Concello de Ferrol ten firmado un convenio de colaboración con Solidaridade Galega co Pobo Saharaui para o sufragar os costes da acollida destes nenos, por un importe de 7.500 euros.

Para calquera información sobre a acollida as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa delegación de A Coruña de SOGAP nos teléfonos 606 434 409 e 678 727 382.