FERROL360 | Xoves 16 maio 2024 | 10:20
Co gallo da celebración este venres 17 de maio do Día das Letras Galegas 2024 que conmemora a escritora e artista Luísa Villalta, o auditorio de Valdoviño será o escenario dun evento cultural único titulado «Tres Mulleres na Escuridade», protagonizado pola recoñecida Soledad Felloza e a talentosa violinista Irina Gruia. Coa representación desta obra, o Concello inaugura este venres ás 20:30 horas a programación cultural de maio honrando a figura da poeta coruñesa co espectáculo, Tres Mulleres na Escuridade, que combina poesía, música e narrativa. Esta obra, incluída no ciclo municipal de teatro «Ven o Venres», está dirixida a un público maior de 12 anos e a entrada ao auditorio da Casa da Cultura é de balde ata completar o aforo.
A cita invita ao público a explorar a profundidade das palabras e melodías nun ambiente dominado pola penumbra, onde a voz de Soledad Felloza, actriz, fotógrafa, escritora, narradora e dramaturga, se fusiona armoniosamente coas melodías seleccionadas por Irina Gruia, quen interpreta pezas de compositores internacionais e galegos cun estilo exquisitamente refinado. O espectáculo promete ser unha noite de arte e emoción e tamén un momento de reflexión e conexión cultural onde tres mulleres comparten os seus pensamentos, emocións e experiencias artísticas.