Ferrol360 | Martes 25 xullo 2017 | 12:31
A Asociación de veciños ‘Valle de Esmelle’ reclama á corporación municipal de Ferrol entendemento para avanzar na solución dos problemas da cidade. Nunha asemblea celebrada o pasado domingo, a entidade acordou pedir aos distintos grupos políticos que compoñen a corporación un achegamento para porque «A cidade non pode estar dous anos máis paralizada».
Entenden desde a asociación que a solución pasa porque o goberno local «presente dunha vez por todas o orzamento» ou ben porque a oposición «faga o posible por resolver esta situación de paralización da xestión do municipio». É por iso que a entidade remarca que «os partidos políticos están para resolver os problemas dos cidadáns» e egaden que «nós so pedimos unha cousa: enténdanse».
As críticas da asociación céntranse no estado de abandono da zona rural de Ferrol e da parroquia de Esmelle en particular. Fan referencia tanto ó mantemento de desbroces de viais, rebacheo e asfaltado de viais, aparcadoiros das praias, como á falta de inversións.
«Sinalamos como primeiro responsable ao goberno municipal, encabezado polo seu alcalde Jorge Suárez», indican nun comunicado, ao tempo que tamén responsabilizan ao resto da corporación «pola súa pasividade á hora de tomar decisións e pola súa oposición nada constructiva».