Publicidad

Voltan os cursos gratuitos de Toxos e Froles

As clases comezan a primeira semana de outubro con varios horarios por curso e niveis

FERROL360 | Venres 13 de setembro de 2024 | 11:13

O Real Coro de Toxos e Froles ten unha longa traxectoria no seu compromiso en pro da recuperación e mantemento da cultura galega, en galego, dende unha perspectiva popular a través da música e a polifonía. Son nin máis nin menos que 117 anos de compromiso cos seus valores na cultura tradicional galega.

Co comezo do curso como cada ano Toxos e Froles ofrecen diversas actividades na súa escola, que ademais, é totalmente gratuíta.

Este ano continúan as actividades de baile galego, gaita, pandeireta, tambor, encaixe de bolillos e iniciación a cantareiras.

Hai distintos niveis en distintos horarios, para facer a inscrición só hai que cumprimentar a ficha que vos deixamos pinchando aquí.

Deixamos tamén informacións dos horarios das actividades e niveis.