FERROL360 | Mércores 14 outubro 2015 | 13:13
O BNG de Ferrol pide ao goberno local que aclare de que xeito «ten pensado acometer o pago derivado do convenio con ACUAES, pola execución das obras da rede de saneamento» tamén queren saber os nacionalistas se ese importe «vai ter que ser asumido polos veciños de Ferrol mediante a imposición dunha nova taxa».
Nun comunicado de prensa, o Bloque insta ao goberno de Suárez «a enfrontar o problema de fondo do saneamento na cidade en lugar de esconderse detras dunha suposta baixada do IBI que non é tal». Os nacionalistas critican ademais que na comisión de Facenda deste martes preguntaron ao goberno pola súa postura sobre o convenio e o pago das obras, pero «non quixo respostar».
Desde o BNG denuncia que o goberno local «non amosou ao longo destes meses ningún interese en denunciar o convenio con ACUAES». Un convenio, indican os nacionalistas, polo cal «os veciños temos que pagar esta infraestructura, relativa aos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol».
O BNG considera que este é o momento de definir como se van pagar esas obras tendo en conta que está aberto o debate sobre os impostos e as ordenzas fiscais para 2016. Así, explican que o convenio coa empresa ACUAES contempla que a partir do vindeiro ano Ferrol e Naron terán que empezar a pagar esa infraestructura e é preciso «definir a quen se lle vai repercutir este custe».